Xornada de sensibilización medioambiental do GAC 7 "Limpeza do fondo do porto en Moaña"

16
Aug
0
com
Foto: 
L_Meira_06_07_12_04 WEB.jpg
Fecha: 
16/08/2012 - 10:30

O día 6 de xullo tivo lugar a xornada de sensibilización
medioambiental: "Limpeza do fondo do porto de Meira no concello de Moaña.
Esta xornada comezou ás 16:00 horas.

Contouse coa participación de voluntarios en terra, e
mergulladores.

A xornada comezou coa colocación dos contenedores para a
recollida de lixo, e acuarios onde os asistentes poden observar as especies que
se recollen asociadas ao lixo. Tamén se colocaron carteis informando ás persoas
que pasaban polo porto da actividade que se estaba desenrolando.

No porto procedeuse á separación dos residuos. Os animais que viñeron asociados a estes
residuos se deixaron nuns acuarios. Uns monitores explicaron aos asistentes a
riqueza en flora e fauna da nosa zona, e o importante que é manter limpo o
ecosistema mariño.

Unha vez depositados os residuos no contenedor
correspondente, os animais dos acuarios foron devoltos ao mar