O GALP Ría de Pontevedra organiza un curso sobre manipulación de produtos pesqueiros frescos

30
Nov
0
com
Foto: 
cartel curso manipulacion_peq.jpg
Fecha: 
30/11/2016 - 11:00 - 21/12/2016 - 20:00
No mes de decembro o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra celebrará dous cursos formativos, dirixidos
preferentemente ao sector pesqueiro (minoristas de produtos pesqueiros,
mariscadoras, personal de lonxa, etc.) dentro do programa de dinamización da
plataforma pescadoartesanal.com.

O
curso "Manipulación de produtos pesqueiros frescos e identificación de
especies" tratará temas importantes sobre o peixe fresco como o seu
valor nutritivo e os cambios que se producen despois da súa captura, a
manipulación do peixe e o marisco, a comercialización dos produtos
pesqueiros e os criterios de calidade. Dito curso terá lugar do 12 ao 21
de decembro na confraría de Lourizán, e contará con clases prácticas na
praza de abastos de Pontevedra.

Con este curso non so se
quere axudar á formación do sector, se non tamén dar a coñecer novas
ferramentas como a plataforma "pescadoartesanal.com" a súa
funcionalidade e oportunidade de mellora da comercialización e da
promoción.