XORNADAS DE MEDIO AMBIENTE NA RÍA DE PONTEVEDRA

05
Sep
0
com
Foto: 
Cartel A3 pequeño.jpg

O Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra organiza as Xornadas de Medio Ambiente na Ría de
Pontevedra.
As xornadas teñen coma
obxectivo a promoción da convocatoria de axuda propoñendo o medio ambiente como
motor de desenvolvemento de proxectos e iniciativas empresariais. As xornadas
terán lugar ao longo do mes de setembro no Mosteiro de Poio os venres en
horario de tarde, dando comezo ás 17:00 horas. Os temas a tratar teñen relación
cos obxectivos do Plan Estratéxico do Grupo de Acción Costeira Ría de
Pontevedra, en particular:

- a Ría como oportunidade de desenvolvemento de actividades
empresariais.

- a Ría de Pontevedra: o seu estado ambiental

- ecoetiquetas e certificación da procedencia / calidade de
productos do mar

- a Illa de Tambo.

Entrégase un dossier complementario con información do programa
das xornadas e notas sobre os poñentes,

Así mesmo, e como actividade complementaria, durante o fin de
semana do organizaranse visitas guiadas á Illa de Tambo para dar a coñecer a
máis descoñecida das Illas da Ría.

Fecha: 
05/09/2011 - 14:50 - 30/09/2011 - 17:00
AdjuntoTamaño
Relación Ponentes Xornadas.pdf613.26 KB
diptico difusión gac6 jornadas medio ambiente r5.pdf638.59 KB