Xornada de formación sobre a correcta cumplimentación da memoria en proxectos produtivos

07
Sep
0
com
Foto: 
Portada.jpg

O vindeiro martes 13 de setembro terá lugar na aula 7 (1ª planta) da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita en Santiago de Compostela, unha xornada de formación sobre a correcta cumplimentación da memoria sobre proxectos produtivos, co obxecto de determinar correctamente a viabilidade económico financeira dun proxecto.

Esta xornada de formación, organizada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, está dirixida tanto aos xerentes como aos técnicos dos Grupos de Acción Costeira, comezará as 10 horas, e terá unha duración aproximada de catro horas.

A xornada terá o desenvolvemento seguinte:

10.00 h: Estudio pormenorizado da sección "Memoria e Orzamento" do Anexo para a elaboración do Plan de Empresa.

11.00 h: Estudio pormenorizado da sección "Plan Económico Financeiro" do Anexo para a elaboración do Plan de Empresa.

12.00 h: Pausa café

12.30 h: Resolución dun caso práctico no que se poña de manifesto as partes críticas do Anexo para a elaboración do Plan de Empresa.

 Material para a xornada:

  • Será necesario que todos os asistentes teñan a súa disposición a Guía do Promotor de proxectos.
  • Así mesmo, será necesario que os asistentes veñan provistos cun ordenador portatil, ao obxecto de explicar o cálculo de determinadas variables necesarias para a correcta cumplimentación do Plan de Empresa.

A continuación podedes descargar a documentación da xornada:

Xornada formacion proxectos.jpg

Fecha: 
07/09/2011 - 09:34