INFORMES AMBIENTAIS DA RÍA DE PONTEVEDRA

23
Sep
0
com
Fecha: 
23/09/2011 - 14:28
Xornadas Medio ambientais
da Ría de Pontevedra.

Promovidas polo Grupo de
Acción Costeira da Ría de Pontevedra (GAC6), este venres 23 continúa a
celebración das Xornadas Medio Ambientais da Ría de Pontevedra cos relatorios
sobre a saúde ambiental da Ría de Pontevedra, unha temática de especial
importancia para diferentes colectivos relacionados co uso, explotación e goce
do mar, pero moi especialmente para o colectivo dos mariscadores de moluscos
bivalvos.

Nas xornadas
participarán:

  • Doutor Oceanografía Juán
    Bellas do Instituto Español de Oceanografía. Tema: Fontes de contaminación na
    Ría de Pontevedra. Orixes e evolución.

D. Juan Belas é Doutor en
Oceanógrafía do Instituto español de Oceanografía en Vigo. Especialista en
contaminación mariña, Desenvolveu parte dos seus traballos de investigación na
Ría de Pontevedra.

  •  D. Francisco Menéndez
    (Presidente de Augas de Galicia): Plan de saneamento da Ría de Pontevedra.

D. Francisco Menéndez é
Presidente de Augas de Galicia (Enxeñeiro de Camiños). Desenvolveu boa parte da
súa carreira entre a Universidade da Coruña e Augas de Galicia. É tamén o
presidente da empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos
(Eposh),

  • Doctora Covadonga Salgado -
    Directora do INTECMARA: A calidade das augas para o marisqueo. Plan de reparqueo
    de moluscos bivalvos de zonas C.

Dna. Covadonga Salgado é
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR).
Doutora en Químicas e Licenciada en Farmacia, desenvolveu unha importante
carreira en xestión e investigación na Consellería do Mar desde
1995.

A xornada celebrarase nunha
aula do
Mosteiro de
Poio
a
partir das 17:00 horas