VIAXE DE INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS Á BRETAÑA FRANCESA, 28 NOV A 1 DEC 2010

28
Nov
0
com
Foto: 
VIAXE A FRANCIA.jpg
Fecha: 
28/11/2010 - 09:35 - 01/12/2010 - 21:35

<!--29 de novembro de 2010

09:30 - 12:00 Plouhinec.  Encontro de FLAGs eixo 4 do FEP, presentación de proxectos dos respectivos  grupos.-->

Gilles Bernard da Asociación les Coureurs de grève realizou unha breve presentación das actividades de pesca en Cornouaille..
A continuación, Cyrille Bodilis (xerente de Cornouaille), realizou unha explicación da situación do Eixo 4 na súa zona.
A seguinte intervención correu a cargo de Elena Herbello (xerente do GAC Ría de Vigo – A Guarda).
Por último os representantes da Association les Coureurs de grève, describiron á situación da súa zona para os recursos: Ourizo, percebe, ameixa e berberecho.

12:00 – 13:00 Visita a Pointe du Raz. Esa zona é moi importante na extracción de ourizo e percebe.

16:30 – 18:00 Visita a Rivière de Pont l’Abbé. Robert Bouaseun (CLPM) explicou as particularidades deste lugar.

30 de novembro de 2010

09:00 – 10:30 Visita a Agrocampus Beg Meil (Fouesnant) A persoa encargada de explicar as instalacións é Morgane Nedelec. Este centro de investigación traballa con CETMAR

11:00 – 12:30 Visita a Guilvinec. Empresa de Scarlette le Corre. Scarlett  é pescadora desde 1983. En 1992 comezou a cultivar algas, e desde 1996 traballa na transformación de algas e peixe.

15:00 – 16:30 Encontro con André Berthou. Presentación sistema AMAP.André Berthou é un acuicultor que recolle  wakame e outras algas. Tamén elabora conservas. AMAP é unha asociación de conservación da agricultura.

Gilles Bernard explicou aos presentes o funcionamento da lonxa. Esta lonxa está moi mecanizada. Véndese peixe e marisco (centolas, lagosta, cangrexos…)