Xornada de sensibilización medioambiental do GAC 7 "Limpeza do fondo do porto de A Guarda"

30
Jun
0
com
Foto: 
DSCN6296.jpg
Fecha: 
30/06/2012 - 16:00 - 20:30

O día 30 de xuño tivo lugar a xornada de sensibilización medioambiental: "Limpeza do fondo do porto de A Guarda". Esta xornada comezou ás 16:00 horas.

Contouse coa participación de voluntarios en terra, e mergulladores.

A xornada comezou coa colocación dos contenedores para a recollida de lixo, e acuarios onde os asistentes poden observar as especies que se recollen asociadas ao lixo. Tamén se colocaron carteis informando ás persoas que pasaban polo porto da actividade que se estaba desenrolando.

No porto procedeuse á separación dos residuos. Os animais que viñeron asociados a estes residuos se deixaron nuns acuarios. Uns monitores explicaron aos asistentes a riqueza en flora e fauna da nosa zona, e o importante que é manter limpo o ecosistema mariño.

Unha vez depositados os residuos no contenedor correspondente, os animais dos acuarios foron devoltos ao mar.