Emprendemar. Programa para o fomento do emprendemento, capacitación e innovación en actividades diversificadas do sector marítim

Tipo de Proyecto: 
No Productivo

O proxecto promove a diversificación da economía pesqueira apoiando a profesionalización e desenvolvemento de iniciativas de autoemprego neste eido. Para tal fin, desenvolve 3 actuacións:

1) Analizase o potencial e recursos do territorio para desenvolver actividades complementarias ao sector como é o turismo mariñeiro, pero tamén outros compoñentes precisos para acometer proxectos en este ámbito como é o estudo do compoñente innovador e os modelos de negocio a seguir.
2) Dende o Viveiro de Empresas asesórase a emprendedores a levar a cabo iniciativas en actividades complementarias á pesqueira.
3) Fórmase a mocidade e mulleres prioritariamente a través de accións formativas e talleres en competencias clave para a seu desenvolvemento en tales actividades complementarias ao sector.

Por último, o proxecto contempla una actividade adicional vinculada a difusión, dentro da cal prevese a realización de charlas en centros de ensino orientadas a mozas e mozos. O obxectivo destas charlas é o de promover neste colectivo a profesionalización e/ou emprendemento en actividades diversificadas do sector, como é o turismo mariñeiro.

PROMOTOR/A/ES
Promotor/es: 
CONCELLO DE CAMBADOS
Datos de interés del promotor/a: 
http://www.cambados.es/eportal/portal/
Perfil empresarial: 
Concello
PROYECTO
Fecha de aprobación: 
02/12/2016
Referencia normativa: 
Orde do 9 de Xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratéxias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o dsenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca 2014-2020.
Presupuesto total: 
32.307,00€
Subvención Total Eje 4 (incluye la subvención FEP+ Subvención MARM+ Administración autonómica): 
18.389,61€
% sobre total Presupuesto: 
100% en 2016 e 48% en 2017 por limitación do crédito.
Plazo total en meses: 
11
Anualidades: 
2016-2017
Ámbito de aplicación del proyecto: 
Cambados
Plazo de ejecución: 
31/10/2017
Estrategias, objetivos y prioridades del proyecto
Principales objetivos del proyecto: 
O obxectivo xeral está aliñado coa prioridade 4 do Programa Operativo do FEMP para España 2014-2020 e o seus obxectivos específicos 4.a) e 4.b), dado que a estratexia do proxecto vai encamiñada a promover o crecemento e desenvolvemento económico e social do territorio, apoiando a diversificación das actividades da pesca e fomentando, prioritariamente no colectivo de xoves e mulleres, o emprendemento e a capacitación. As actuacións contempladas no proxecto aspiran por tanto a favorecer a cohesión social e á mellora da calidade de vida do territorio a través do apoio da diversificación e á creación de emprego, mellorando deste xeito as posibilidades de atopar novas fontes de ingresos e de dotar de valor engadido as actividades e produtos locais.
Principales actividades del proyecto: 
A estrutura de actividades (A) e resultados ou entregables (E) a obter, configúranse en función do alcance de cada un dos obxectivos específicos definidos no proxecto. A tales obxectivos descritos no apartado 2.3 desta memoria, engádese un obxectivo mais dedicado á difusión das actividades e resultados do proxecto: ACTIVIDADE 1 - OBX. ESPECÍFICO 1- ANALIZAR E AVALIAR AS POSIBILIDADES E RECURSOS QUE OFRECE O TERRITORIO LOCAL PARA A DIVERSIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES PESQUEIRAS E ACUÍCOLAS A.1.1. Levar a cabo unha análise do tecido empresarial do territorio e dos recursos económicos, sociais e medio ambientais do entorno de cara a avaliar as posibilidades de desenvolvemento de actividades complementarias á pesca. → E.1.1. Guía de recursos para a diversificación de actividades pesqueiras e acuícolas locais: ferramentas prácticas para o desenvolvemento do turismo mariñeiro e outras actividades complementarias (formato dixital) ACTIVIDADE 2 - OBX. ESPECÍFICO 2 - ASESORAR NO PROCESO DE POSTA EN MARCHA DE PROXECTOS EMPRENDEDORES NO ÁMBITO MARÍTIMO PESQUEIRO LOCAL, IMPRIMINDO A UNHA PERSPECTIVA INNOVADORA E ORIENTADA Á DIVERSIFICACIÓN DA ACTIVIDADE CARA AO TURISMO MARIÑEIRO E OUTRAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS” A.2.1. Analizar modelos de negocio emerxentes no sector marítimo pesqueiro con potencial para ser implantados no territorio: - A.2.1.1.Analizar os novos modelos de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación, segundo a estratexia RIS3 de Galicia (reto 1). → E.2.1.1. Estudo sobre oportunidades e retos en innovación no sector marítimo pesqueiro (formato dixital) - A.2.1.2. Desenvolver fichas prácticas de modelos de plan de negocio innovadores no sector marítimo pesqueiro. → E.2.1.2. Manual práctico de modelos de negocio innovadores no sector (formato dixital e papel) A.2.2. Prestar, a través do Vivero de Empresas de Cambados, asesoramento a emprendedores na posta en marcha de iniciativas de negocio e ofrecer información especializada en proxectos de turismo mariñeiro e outras actividades complementarias ao sector marítimo pesqueiro. - A.2.2.1. Ofrecer información básica a emprendedores para o posta en marcha do seu negocio (trámites, recursos, plan empresa) → E.2.2.1. Punto de información especializado no emprendemento marítimo pesqueiro. - A.2.2.2. Ofrecer seguimento do despegue de iniciativas emprendedoras vinculadas ao turismo mariñeiro e outras actividades complementarias ao sector marítimo pesqueiro. → E.2.2.2. Programa de mentoring na posta en marcha de plans empresariais vinculados ao turismo mariñeiro e outras actividades complementarias ao sector marítimo pesqueiro. ACTIVIDADE 3 - OBX. ESPECÍFICO 3 - IMPARTIR FORMACIÓN COA QUE SE MELLORE A CAPACITACIÓN PROFESIONAL EN ACTIVIDADES RELACIONADAS CO SECTOR MARÍTIMO PESQUEIRO LOCAL A.3.1. Impartir actividades formativas que posibiliten a capacitación profesional da poboación local interesada en desenvolverse profesionalmente no sector, facendo especial fincapé na formación orientada ao turismo mariñeiro e ao colectivo de mulleres e poboación xuvenil → E.3.1.1. 5 accións formativas impartidos nos ámbitos de xestión empresarial, acceso á sociedade dixital e uso das TIC, atención e xestión do cliente, dirixidos prioritariamente a mulleres e xoves menores de 30 anos (formato presencial) → E.3.1.2. 4 talleres dirixidos a mulleres e orientados a favorecer a súa incorporación e desenvolvemento no sector marítimo pesqueiro (emprendemento e seguridade/prevención) ACTIVIDADE 4 - OBX. ESPECÍFICO DE DIFUSIÓN – DIVULGAR AS POSIBILIDADES QUE OFRECE A DIVERSIFICACIÓN DO SECTOR PESQUEIRO A TRAVÉS DO TURISMO MARIÑEIRO E OUTRAS ACTVIDADES COMPLEMENTARIAS PARA A POBOACIÓN LOCAL EN XERAL E PARA OS XOVES EN PARTICULAR. A.D.1. Organizar e desenvolver charlas en centros de ensino locais → E.D.1. 2 xornadas informativas en centros de ensino A.D.2. Organizar e desenvolver xornadas abertas ao público xeral → E.D.2. 2 xornadas de difusión
Resultados concretos previstos: 
Contribuirase á busca da diversificación da actividade como ferramenta para xerar novas oportunidades de crecemento económico e cohesión social, mediante a análise e difusión dos recursos dispoñibles para a diversificación do sector. Tal resultado obterase por medio da elaboración de: - Guía de recursos para a diversificación e desenvolvemento de actividades pesqueiras e acuícolas locais. Para obter tal guía, o proxecto levará a cabo unha análise do tecido empresarial e recursos dispoñibles cos que se permita o desenvolvemento daquelas actividades complementarias ou alternativas, segundo as áreas establecidas polo Plan Estratéxico de Diversificación Pesqueira e Acuícola (DIVERPES 2013-2020): turismo, transformación e comercialización, medio ambiente e ámbito social. A fin de dar impulso ao crecemento económico local, o proxecto aposta por fortalecer o emprendemento e a innovación como vía xeradora de riqueza e fortalecemento do sector. Así, o proxecto ten previsto a consecución de tal resultado a través de realización de: - Estudo sobre oportunidades e retos en innovación no sector marítimo pesqueiro O estudo desenvolverase atendendo ás prioridades establecidas pola RIS3 (Estratexia de especialización intelixente de Galicia) no referente a o reto 1 “Novo modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseado na innovación”, contemplando así cando menos, as seguintes liñas de análise: valorización dos subprodutos e residuos xerada na actividade; desenvolvemento da acuicultura local; modernización do sector cara á mellora sustentable; modernización da actividades a través das TIC. - Guía práctica de modelos de plans de negocio a desenvolver no sector marítimo pesqueiro. Tratarase dun manual de consulta, orientado a emprendedores que desexen explorar a opcióndo autoemprego nalgunha das actividades vinculadas ao sector, servindo como ferramenta práctica sobre os pasos a dar para por en marcha a actividade. - Punto de asesoramento especializado en emprendemento en actividades marítimo pesqueiras. No Viveiro de Empresas de Cambados porase a disposición da cidadanía, persoal técnico con amplo coñecemento do contexto económico-empresarial do entorno, e especializado en ofrecer asesoramento na posta en marcha de iniciativas de negocio. Atendendo sempre ao ámbito da economía marítimo pesqueira, o punto dará resposta a calquera consulta non só relacionada con aspectos tales como elaboración de plans de empresa, recursos públicos dispoñibles para por en marcha o negocio, formas xurídicas e trámites administrativos necesarios para a constitución, sino tamén e sobre todo, dende o Punto darase a coñecer aspectos clave para o crecemento económico local segundo a estratexia do FEMP: o potencial da diversificación do sector; as posibilidades de liñas innovadoras que están a xurdir en torno a valorización dos subprodutos e residuos da pesca; a acuicultura; sustentabilidade e a introdución progresiva das TIC. - Programa de mentoring para proxectos baseados na economía marítimo pesqueira do territorio. Dende o Viveiro de Empresas de Cambados farase un seguimento personalizado daqueles proxectos emprendedores cuxo potencial de éxito requira de soporte e asistencia intensiva na súa fase inicial: maduración da idea de negocio e busca de rendibilidade e sustentabilidade do servizo ou produto en proxecto. O programa basearase no establecemento dunha estratexia de tutorización, baseada na definición e seguimento dunha serie de obxectivos e fitos a alcanzar no tempo por cada proxecto. Contribuirase a un futuro con novas saídas laborais e maior cohesión social, a través da capacitación da poboación activa, con especial atención o colectivo de mulleres e xoves. Estes resultados acadaranse a través da realización de: - 5 accións formativas a impartir en ámbitos vinculados á xestión empresarial ou acceso á sociedade dixital. - Programa de 4 talleres dirixido a mulleres Trátase dunha acción aliñada coa Prioridade 1 do Plan para a Igualdade de Xénero no Sector Pesqueiro e Acuícola 2015-2020, de xeito que os contidos dos talleres tratarán de impulsar a igualdade de oportunidades no acceso, permanencia e promoción no sector, pondo en valor a relevancia da diversificación profesional da muller como mecanismo para a súa empregabilidade. Así mesmo, o proxecto contribuirá a obter todos os resultados previstos, pondo en marcha unha estratexia de difusión ao longo de toda a duración do proxecto con diversos mecanismos e contidos segundo o público ao que se dirixa.
Prioridades y objetivos del Plan Estratégico del Grupo a las que responde el proyecto: 
1/ Fomentar unha pesca sustentable dende o punto de vista medioambiental, eficiente no uso dos recursos, innovadora, competitiva e baseada no coñecemento. 2/Fomentar unha acuicultura sustentable dende o punto de vista medioambiental, eficiente no uso dios recursos, innovadora, competitiva e baseada no coñecemento. 4/ Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima. 5/Incentivación do investimento nos sectores de transformación e comercialización.
Eje temático del Proyecto: 
Organización de eventos de formación y divulgación
Acciones de promoción
Prioridades del Plan Estratégico Nacional del Fondo Europeo de la Pesca a las que responde el proyecto: 
Mantener la prosperidad económica y social de las áreas y revalorizar los productos de la pesca y la acuicultura.
Mantener y desarrollar los puestos de trabajo: diversificación económica y reestructuración social.
Mejora de la competitividad en el sector pesquero.
Preservación de los recursos humanos en el sector pesquero.
Estrategias del Plan Estratégico Nacional del Fondo Europeo de la Pesca a las que responde el proyecto: 
Promoción de la igualdad de oportunidades entre hombres y mujeres.
Clasificación
Identifique el tipo/s de operación/es con las que se corresponde el proyecto: 
Operación para reforzar la competitividad de las zonas de pesca
Operación para reestructurar y reorientar las actividades económicas
Operación para la diversificación de actividades
Operación para adquirir competencias y facilitar la preparación y aplicación de la estrategia de desarrollo local.
Operación sobre acciones de comunicación por parte de los grupos
Indicadores Medioambientales
El proyecto incluye cursos de formación en temas ambientales: 
INDICADORES HORIZONTALES
Empleo: 
El proyecto es neutro desde el punto de vista del empleo
Igualdad de Oportunidades: 
El proyecto es positivo respecto a la igualdad de oportunidades de hombres y mujeres.
Medioambiente: 
El proyecto es neutro desde el punto de vista medioambiental.
Imágenes: 
vista_cambados.jpg