Presentación da nova páxina web dos Grupos de Acción Costeira

29
Oct
0
com
Foto: 
pantallazo nueva web.png
Fecha: 
29/10/2010 - 09:33

A vindeira semana será presentada formalmente a nova páxina web dos Grupos de Acción Costeira aos xerentes e técnicos dos mesmos, co obxeto de que poidan realizar aportacións e suxestións á nova páxina que pretende ser o xerme da Rede Galega dos Grupos de Acción Costeira.

A estes efectos a nova páxina dispón dunha intranet para a comunicación interna dos propios grupos, un foro no que se poderán discutir distintos aspectos relevantes do desenvolvemento do programa, así como un chat, para a comunicación en tempo real dos distintos Grupos, entre outas novidades.