Aberto o prazo de inscrición ás II GACstroderías

20
Abr
0
com
Fecha: 
20/04/2011 - 06:53

ABERTO
O PRAZO DE INSCRICIÓN ÁS II XORNADAS GACstroderías

O Grupo de Acción Costeira (GAC) de Pontevedra
organiza a segunda edición das Xornadas Técnicas de Pesca e Gastronomía, que se
desenvolverán dende o próximo luns 25 de abril ata o mércores 28, na sede da Confraría
de Pescadores de Portonovo.

As xornadas están abertas
ao público en xeral ainda que específicamente están destinadas a profesionais do
sector pesqueiro e hosteleiro, tanto da beira norte como da sur da Ría. As
inscricións poden realizarse no enderezo electrónico gacpontevedra@gmail.com ou na sede do
Grupo de Acción Costeira (886 21 30 15).

As xornadas, organizadas polo Grupo de Acción Costeira,
contan coa colaboración do Concello de Sanxenxo e a Confraría de Pescadores de Portonovo,
e se enmarcan no programa anual de actividades de dinamización do GAC para a
promoción da sostibilidade costeira. Esta iniciativa conta co financiamento do
Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, da Consellería do Mar da
Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Pesca da Unión Europea, baixo o lema
“Europa inviste en Pesca Sostible”.

As xornadas repiten o modelo do ano pasado. Cada
unha das tres xornadas inclúen varias ponencias a cargo de expertos nas materias
e unha actividade demostrativa-degustación coa participación de restauradores
invitados. A iniciativa, coordinada por Alfonso Díaz, conta coa participación
de expertos en gastronomía dende diversos puntos de vista como o da innovación
ou o académico, a cargo de profesores da Universidade de Vigo, profesionais de
empresas de instrumentación e maquinaria hostelera, ademáis de restauradores de
prestixio con distincións a nivel nacional. Xúntase o programa detallado das xornadas:

II XORNADAS TÉCNICAS DE
PESCA E GASTRONOMÍA

Luns 25 de abril, de 17'00 h. A 20'00 h.

BLOQUE PESQUEIRO SANITARIO

1ª ponencia: O respeito do pobo xaponés
polo peixe
, a cargo do propietario do Restaurante Janatomo de Madrid.

2ª ponencia: Como crear plusvalías
mediante productos esquecidos da natureza,
a cargo de Dna. Gloria Lucía,
propietaria do Restaurante El Empalme de Zamora (un oasis gastronómico na
Autovía das Rías Baixas) e referente micolóxico da gastronomía nacional.

3ª ponencia: Asesoría técnica para
a transformación da actividade pesqueira en hosteleira
, a cargo de Dna.
Alejandra Caamaño Rivas, Técnica da Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas
de Galicia (APE GALICIA).

BLOQUE ACTIVIDADES
CULINARIAS

Demostración de manipulación do peixe na cociña
xaponesa,

a cargo do Restaurante Sushidaki de Pontevedra.

BLOQUE DEGUSTACIÓN

Degustación de peixe azul ó estilo xaponés, a cargo do Sushiman do
Restaurante Sushidaki de Pontevedra.

Martes 26 de abril de 27'00 h. A 20'00 h.

BLOQUE INNOVACIÓN

1ª ponencia: Transición do mar á
restauración
, a cargo de D. Andrés Pérez (mariñeiro – armador – percebeiro)
e Campeón de España de Cociña Xoven en Marbella no 2006.

2ª ponencia: A loita pola defensa do
producto dun pobo mediante unha Identificación Xeográfica Protexida
, a cargo do ex-presidente
dos Panadeiros de Carral (A Coruña).

BLOQUE
INSTRUMENTACIÓN E DEGUSTACIÓN


ponencia: Tratamento e exaltación de productos esquecidos, na nova cociña
, a cargo do cociñeiro D.
Domingo Bello, Premio Mellor Receta de Peixe de España 2006.

Mércores 27 de abril de 17'00 h. A 20'00 h.

BLOQUE INNOVACIÓN

Mesa redonda sobre:

a) Seguridade alimentaria. Da lonxa á cociña.

b) Ionización da auga para uso co peixe e
conxelación a -60º C.

c) Instrumentación para a elaboración de platos de
cuarta e quinta gama, ,

coa
participación de:

D.José
Tio, xerente da empresa 2M2.

D.
José Antonio Teijeira González, Titulado Superior en Veterinaria.

BLOQUE CULINARIO

Mesa redonda sobre:

a) Técnicas e aproveitamento do aceite na cociña

b) Perigos do mal uso dos aceites na cociña

c) Coidados para unha alimentación san

coa
participación de:

D.
Ildefonso Díaz, propietario da empresa Aires Virgen Extra.

D.
Pablo Hervés Beloso, Doctor en Química.

Un
representante da Asociación Española contra o cancro de Pontevedra.

Ponencia: Normas e requisitos para o rexistro de
patentes e marcas en España,
a cargo de D. Antonio Luis García, asesor técnico
do rexistro de patentes e marcas.

BLOQUE DEGUSTACIÓN

Degustación
popular de arroz mariñeiro na explanada frente da Cofradía de Portonovo.

Receitario

Ao igual que o ano pasado, entre os asistentes ás
xornadas seleccionaranse novas recetas para incluir no II Receitario GACstroderías que editará o Grupo de Acción Costeira Ría
de Pontevedra co fin de promovor o consumo dos peixes e mariscos que se
capturan e comercializan na ría de Pontevedra.