A Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Anllóns recibe o Premio de "Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales 2011"

09
Ago
0
com
Foto: 
Mariscadoras Esteiro Anllóns.jpg

A Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Anllóns recibe o premio de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales, que concede o Ministerio de Medio Ambiente Rural y Marino.

O proxecto galardoado con 25.000 euros, "Diversificación das Actividades das Mariscadoras do Río Anllóns", é  unha das iniciativas aprobadas polo Gac Costa da Morte e que agora foi o mellor  valorado na edición 2011 de Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales, obtendo unha puntuación de 9,52 puntos sobre 10.

Os premios, destacan a participación da muller no desenvolvemento do medio rural, a través de proxectos innovadores realizados por e para elas, que permitan explorar novos xacementos de emprego e que responden ás necesidades das mulleres no medio rural.

 

Este recoñecemento súmase o outorgado pola Rede Europea de Zonas de Pesca, como proxecto exemplo de boas prácticas, na execución de iniciativas presentadas aos Grupos de Zonas de Pesca da Unión Europea, financiados polo Eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca.

 

As mariscadoras realizaron un conxunto de actuacións dirixidas a aumentar a concienciación sobre a importancia da tradición da recollida de berberechos na zona e mellorar a imaxe do produto. Ademais, estas actividades aportan valor engadido a un produto concreto, o berberecho, e inician a diversificación das actividades das mariscadoras a través do turismo, a formación e a promoción do produto.

Noticia relacionada:  La Voz de Galicia 9/8/2011

Fecha: 
09/08/2011 - 09:13 - 09/08/2013 - 09:13
AdxuntoTamaño
Diario de Bergantiños 9-8-2011.pdf1.31 MB
La Voz de Galicia 9-8-2011.pdf1.42 MB
Resolución BOE161.99 KB
Proyecto ejemplo Unión Europea566.66 KB