XV A festa do percebe en Aguiño un éxito absoluto

17
Ago
0
com
Foto: 
percebe2011.jpg

O pasado 24 de Xullo celebrouse na lonxa de Aguiño en Ribeira, a Festa do Percebe, onde os asistentes puideron degustar o gran tesouro da nosa mar, o percebe. A degustación comezou as 12 horas, cun prezo por ración de 12 € na carpa instalada na lonxa para dita ocasión. Xunto co percebe púidose degustar outros pratos típicos como distintos tipos de empanadas, pan de millo, viños e toda clase de bebidas. Amenizando a xornada actuou o grupo musical Arume.