O próximo 22 de Setembro en Riveira o GAC 5 realizará unha XORNADA DE DIFUSIÓN

13
Set
0
com
Fecha: 
13/09/2011 - 11:58

O 22 de Setembro levarase a cabo unha xornada de difusión e dinamización na Casa do Mar (Praza dos Mariñeiros, nº 2 ) Riveira, dirixido ás entidades participantes do Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa, así como a todas entidades e persoas que estean interesadas en asistir. O obxectivo destas xornadas de difusión e dar a coñecer o traballo realizado pola nosa agrupación, así como as posibilidades que estamos a brindar cara ao desenvolvemento e promoción de distintas iniciativas tanto produtivas coma non produtivas, xa que a convocatoria para a presentación de novos proxectos finalizará a finais do mes de Setembro.

A presentación estará orientada a todo o público en xeral así como a aquelas organizacións (públicas ou privadas) que estean interesadas nas posibilidades que ofrecemos para obtención de fondos cara ao desenvolvemento económico do noso territorio de actuación.

O acto comezará ás 16:30, e contarase coa participación dun representante do concello de Riveira, así coma doutros grupos de acción costeira propios doutras áreas de actuación. Ademais a Xerenta do noso grupo será a encargada de explicar os proxectos realizados e a estratexia a seguir de agora en adiante pola nosa organización.

Por último recordar, que ante o peche da segunda convocatoria para a presentación de proxectos (produtivos - non produtivos), a asistencia ao acto será unha boa oportunidade para aqueles que estean interesados en solicitar ditas axudas, xa que poderán obter información mais ampliada das mesmas.