Os proxectos deben coincidir coa finalidade e a coherencia coas medidas subvencionables no Eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca:
1. Consolidar a competitividade das zonas de pesca.
2. Reestruturar e reorientar as actividades económicas, en particular a través de promoción do turismo ecolóxico, sempre e cando estas actividades non dean lugar a un aumento do esforzo pesqueiro.
3. Diversificar as actividades de promoción da pluriactividade dos pescadores.
4. Ofrecer valor engadido aos produtos da pesca
5. Protexer o medio natural nas zonas de pesca, a fin de manter o seu atractivo, rexenerar e desenvolver as aldeas e vilas costeiras con actividade pesqueira e protexer e mellorar o seu patrimonio natural e arquitectónico.
6. Restablecer o potencial de produción do sector pesqueiro afectado por catástrofes naturais ou industriais.
7. Promover a cooperación interregional e transnacional entre grupos nas zonas de pesca, principalmente a través do establecemento de redes e a difusión de boas prácticas;
8. Adquirir competencias e facilitar a preparación e aplicación da estratexia de desenvolvemento local.
9. Contribuír a sufragar os gastos de funcionamento dos grupos.
A financiación dos proxectos
Os proxectos serán baremados segundo os criterios que cada GAC defina para o seu territorio no seu Plan Estratéxico Zonal (PEZ) que pode consultar en cada unha das paxinas dos grupos.
O grao de financiamento dos proxectos dependerá de que os proxectos vaian dirixidos a:
Para máis información, pode consultar: