Suspensión do prazo de presentación de solicitudes de axuda

08
Xul
0
com

Como consecuencia dos erros que contiña a Orde do 17 abril de 2009, pola que se convocan as axudas para a execución dos
plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos aos grupos de acción costeira, e dado que está pendente de producirse a firma do Convenio de Colaboración cos Grupos de Acción Costeira nas vindeiras datas, dende a Consellería do Mar se vai proceder á modificación da citada Orde, de xeito que o prazo de presentación de proxectos quedará en suspenso ata que a nova Orde este publicada, polo que quedará sen efecto a data límite do día 22 de xullo 2009.