Xornada de sensibilización medioambiental do GAC 7 "Limpeza de fondo do porto de Moaña"

06
Xul
0
com
Foto: 
DSCN6479.jpg
Fecha: 
06/07/2012 - 17:00 - 21:30

O pasado 6 de xullo tivo lugar en Moaña a xornada de sensibilización medioambiental "Limpeza do fondo do porto de Meira". Nesta actividade participaron mergulladores e voluntarios en terra.

A xornada comezou coa colocación dos contenedores para a recollida de lixo. Colocáronse carteis informando da actividade que se está desenrolando.

Os residuos recollidos no fondo do porto foron subidos á terra, e separados en diferentes contenedores. Os animais que viñeron asociados a este lixo foron depositados nuns acuarios. Alí uns monitores explicaron aos presentes a riqueza en flora e fauna da nosa zona, e o importante que é manter limpo o ecosistema mariño.

Unha vez depositados os residuos nos contenedores, as persoas que asistiron á actividade devolveron ós animais dos acuarios ao mar.