Gastos non subvencionables

Os investimentos para os que se solicita a axuda non poderán estar iniciados antes da solicitude da subvención.

O investimento debese corresponder con accións elixibles ou subvencionables segundo o disposto no Regulamento (CE) nº. 1198/2006 do Consello do 27 de xullo de 2006 relativo ao Fondo Europeo de Pesca e a súa normativa de aplicación e desenvolvemento, así como na Orde que desenvolverá as bases reguladoras da concesión de axudas.

Gastos non subvencionables

  • O IVE cando sexa efectivamente recuperable.
  • Os xuros debedores e outros gastos financeiros.
  • A adquisición de terreos por un custo superior ao 10% do total dos gastos subvencionables.
  • A vivenda.
  • Os vehículos destinados ao transporte de persoas.
  • As compras de materiais e equipos usados.
  • Os investimentos relacionados con produtos da pesca e da acuicultura destinados a ser utilizados e transformados para fins distintos do consumo humano, excepto os investimentos destinados exclusivamente ao tratamento, transformación e comercialización de residuos de produtos da pesca e da acuicultura.
  • Os gastos orixinados por unha mera reposición de anteriores, salvo que a nova adquisición corresponda a investimentos distintos aos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento
  • Os gastos de constitución e primeiro establecemento dunha sociedade.
  • As obras non vinculadas co proxecto de inversión vivendas, comedores ou similares.
  • A urbanización que non estea relacionada coa actividade do proxecto que se pretende financiar.
  • Os pagos en especie.