Xornada: Mesa redonda/homenaxe aos mestres carpinteiros e presentación dun catálogo ocupacional e formativo

22
Nov
0
com
Foto: 
Catálogo formativo e Carpintería de ribeira 7.jpg
Fecha: 
22/11/2012 - 09:39

O venres 30 de novembro, as 20 horas, terá lugar no salón de actos do Concello de Nigrán a presentación de “As profesións non teñen xénero: Catálogo ocupacional e formativo das persoas traballadoras no mar”. E de seguido unha mesa redonda/homenaxe aos mestres carpinteiros da ría de Vigo e A Guarda na que poderemos escoitar a testemuña dos artesáns que practicaron e practican o marabilloso oficio da carpintería de ribeira, en persoa e a traveso dun video realizado especialmente para a ocasión, e establecer un coloquio sobre o pasado, presente e futuro da carpintería de ribeira en Galicia.
 O evento está encadrado entre as actividades do Grupo de Acción Costeira 7 (Ría de Vigo-A Guarda).
 Confirmade a asistencia ó tel. 986 358 109 ou no correo gacvigoaguarda@yahoo.es antes do 28 de novembro.
 Pregamos a difusión desta convocatoria xunto coa vosa asistencia e participación.