BASES PARA A CONTRATACION DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA GAC 5 - RÍA DE AROUSA

18
Set
0
com

De conformidade co disposto na cláusula 19ª do Convenio de Colaboración subscrito o día 11 de agosto de 2009 entre a Consellería do Mar e o GAC nº 5 RÍA DE AROUSA, xunto remítese, para a súa publicación na web www.accióncosteira.es, anuncio e bases da contratación dunha Asistencia Técnica para a sensibilización e promoción do PEZ do GAC.

Vilanova de Arousa a 18 de setembro do 2009.

O Secretario do GAC. Javier Bouzada Romero.

 

=====================

ASOCIACIÓN GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA (GAC Nº 5) RÍA DE AROUSA

ANUNCIO

CONTRATACIÓN DUNHA ASISTENCIA TECNICA PARA PARA A SENSIBILIZACIÓN E PROMOCIÓN DO PLAN ESTRATEXICO ZONAL (PEZ) DO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA Nº 5 RÍA DE AROUSA.

As persoas físicas ou xurídicas que desexen participar na licitación deberán presentar as súas propostas antes das 14,00 horas do día 8 de outubro de 2009 na Secretaría Xeral do Concello de Vilanova de Arousa, sita na Casa Consistorial, Praza do Concello nº 1, Vilanova de Arousa.

As bases do procedemento de selección poderán obterse premendo no enlace que atopará abaixo.

 

Vilanova de Arousa a 18 de setembro de 2009.

O Secretario do GAC Ría de Arousa

Javier Bouzada Romero

AdxuntoTamaño
BASES_CONTRATACION DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA_GAC5.doc50.5 KB