"CÓMETE O MAR" EN A MARIÑA-ORTEGAL

29
Maio
0
com
Foto: 
IMG_1379_1.jpg

Mais de 500 establecementos hostaleiros e outras entidades galegas uníronse para participar na campaña de gastroturismo mariñeiro “Cómete o Mar”, promovida polos sete Grupos de Acción Costeira de Galicia e integrada dentro do Club de Turismo Mariñeiro “Mar Galaica”.

A Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, presentou onte esta iniciativa no Hostal dos Reis Católicos en Santiago, onde aproveitou para apostar por iniciativas que, como esta, xeran “beneficios transversais para o sector” e serven para “poñer en valor” os recursos que ofrecen os quilómetros de costa galega vinculados á pesca e á gastronomía. Tamén a Directora de Turismo de Galicia, Nava Gastro, apoiou esta iniciativa conxunta de tódolos Grupos de Acción Costeira de Galicia. En representación de tódolos Grupos, o Presidente do Grupo de Acción Costeira Costa da Morte, subliñou as “importantes oportunidades de crecemento” que presenta o mundo costeiro nunha vertente “innovadora” e de “diversificación”.

No noso territorio arredor de setenta establecementos hostaleiros das comarcas de A Mariña e Ortegal participarán durante o mes de xuño na campaña “Cómete o Mar”. Esta iniciativa ofrecerá a oportunidade de degustar tapas e menús asequibles a base de produtos do mar en 44 restaurantes e tabernas mariñeiras do territorio do Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, de paquetes de fin de semana con aloxamento en 26 establecementos e de actividades de turismo mariñeiro como surf, parapente, visitas a lonxas, visitas ás redeiras, etc. Ademais organizaranse 3 obradoiros gastronómicos á beira do mar que se celebrarán en Viveiro, Ortigueira e Valdoviño e un mercado mariñeiro, que terá lugar en Foz.

Este domingo, día 2 de xuño, terá lugar o primeiro obradoiro de cociña en Viveiro de 9:00 a 15:00 h.; o sábado 8 de xuño, celebrarase en Ortigueira e o domingo 16 de xuño en Valdoviño.

O mercado mariñeiro celebrarase en Foz, no Paseo da Ribeira, do 21 ao 23 de xuño.

Pódese consultar información mais detallada no enlace http://www.cometeomar.com.

Fecha: 
29/05/2013 - 12:30
AdxuntoTamaño
noticia el progreso_presentación.pdf1.89 MB