Ampliación de prazo do Concurso "Fotos pola igualdade"

29
Nov
0
com
Foto: 
gac_prazo peq.jpg

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres; o Grupo de acción costeira Ría de Vigo - A Guarda (en adiante GAC 7) convoca un concurso de fotografía que ten como obxecto a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
O prazo para enviar as fotografías foi ampliado ata o 9 de decembro. As fotografías poden ser enviadas ao e-mail: concursogac7@gmail.com
A temática das fotografías a presentar versará sobre calquera aspecto relacionado co mundo da igualdade de xénero, fomentando a sensibilización da cidadanía cara a eliminación de roles e estereotipos de xénero e a prevención da violencia de xénero.
As fotografías gañadoras pasarán a formar parte do deseño dun calendario para o ano 2014 do que se editarán 5000 unidades. Ademais concederase 10 premios, un por cada concello integrante do GAC 7. Cada premio consistirá nun paquete turístico “Come o mar” valorado en 150 € a escoller en  www.comeomar.com. Os concellos son os seguintes: A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior e Redondela.
Poden consultar as base completas na web: www.accioncosteira.es

Fecha: 
29/11/2013 - 11:16 - 09/12/2013 - 23:59
AdxuntoTamaño
bases_prazo.pdf73.75 KB