Dinamización da Plataforma Pescadoartesanal.com

23
Out
0
com
Fecha: 
23/10/2014 - 12:32 - 15/12/2014 - 00:00

O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra pon en marcha o Programa de Dinamización
da plataforma de comercialización conxunta das lonxas da Ría de Pontevedra “Pescadoartesanal.com”.
Esta plataforma é un proxecto no que o Grupo Acción Costeira leva tempo
traballando, para a difusión, sensibilización e dinamización do sector
pesqueiro, acorde ás accións previstas no Plan Estratéxico Zonal.

Con este novo programa búscase o fomento dos produtos da Ría de Pontevedra,
facilitando a compra en diferentes lonxas no mesmo instante a través da
apertura dunha canle que proporcione información anticipada, puntual e en tempo
real do produto das lonxas. Os comercializadores tamén poden ofertar o peixe e
marisco dende a mesma plataforma, tanto os establecemento de venda como a
hostalaría. Este ferramenta sirve para integrar toda a cadea, dende o produtor
ata o consumidor final.

O programa de dinamización ten como obxectivo
a promoción e difusión da plataforma de comercialización e poñela en valor
perante consumidores, comercializadores, e pescadores. O fin último é a
sensibilización da importancia
socio-cultural-económica da pesca artesanal e sustentable.

Para acadar este obxectivo levarase a acabo unha serie de accións que se
agrupan en catro eixos principais:

Asistencia Técnica Comercial que ofrecerá formación e apoio continuo no
manexo da plataforma, tanto ao sector pesqueiro como aos comercializadores,
fomentando o uso deste sistema para a comercialización.

Distribución de Material Publicitario que consta de folletos informativos
da plataforma e una serie de distintivos que o Grupo Acción Costeira entregará
en actos públicos aos comercializadores da plataforma.

Plan de Medios para a difusión da plataforma entre a cidadanía en xeral,
que conta de publicidade en prensa, radio e televisión e marketing dixital.

Actividades Promocionais que consistirán na realización de talleres de
cociña, tanto para nenos como para adultos, nos concellos de Bueu, Marín, Poio
e Portonovo.

Este programa desenvólvense ao abeiro do programa de axudas que xestiona o
grupo como entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural e do Mar e co
financiamento do Fondo Europeo de Pesca. Máis info:
gacpontevedra@gmail.com , www.accioncosteira.es e www.pescadoartesanal.com