Campaña "Un Mar de Cultura: Os Nenos e o Mar"

01
Dec
0
com
Foto: 
Un_mar_de_culturas_diseño_web.jpg

A campaña “Un Mar de Cultura: Os nenos e o Mar” preséntase como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar. Organizada por Maremasma e promovida polo Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, esta campaña ten como principal obxectivo achegar a un elevado número de escolares de primaria e secundaria de 30 centros educativos da zona de A Mariña-Ortegal ao entorno litoral, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara ao respecto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

A campaña ponse  en marcha en Novembro e Decembro deste ano. Os escolares entrarán en contacto coa cultura mariñeira a través dunha proposta variada de actividades: rutas a pé, obradoiros de medioambiente, visitas a lonxas, a redeiras, a museos do mar, a carpintería de Ribeira entre outros.

Ria_Ortigueira Subasta na lonxa de ABSA, Burela. Foto: V.R.Rivera

Pódese ver mais información sobre as visitas no seguinte enlace: http://www.maremasma.com/blog

Fecha: 
01/12/2014 - 09:32
AdxuntoTamaño
14.11.28_el progreso.pdf945.06 KB