O Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal traballa na elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local do FEMP

06
Out
0
com
Fecha: 
06/10/2015 - 09:18


O día 7 de outubro iníciase este proceso coa celebración en Celeiro das "mesas sectoriais de traballo", para a elaboración da Estratexia.

A Estratexia orientará o futuro desenvolvemento da zona pesqueira, para o período de programación 2014-2020 do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Desenvolver un proceso participativo na elaboración a Estratexia de Desenvolvemento da Zona Pesqueira (EDLP), é algo prioritario para o Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal. Integrar a opinión dos axentes e entidades do territorio é de vital importancia á hora de definir o futuro da zona pesqueira.

A definición de retos e obxectivos para o desenvolvemento sostible da zona é a principal motivación pola cal se realizan as mesas sectoriais de traballo. A primeira reunión das mesas terá lugar o día 7 de outubro a partir das 17:00 horas no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Celeiro. A segunda reunión celebrarase o día 21 deste mes na Fundación Ortegalia, na localidade coruñesa de Ortigueira. Prevese a realización de tres mesas que aborden as áreas de desenvolvemento pesqueiro, desenvolvemento económico, especialmente do turismo, e unha sobre o aproveitamento e posta en valor dos recursos naturais e o patrimonio cultural da zona costeira.

A maiores, o proceso de elaboración da EDLP, tentará reforzar a participación de entidades e persoal técnico de confrarías e concellos, mediante a constitución da Comisión de Seguimento e a Comisión Técnica, co fin de vertebrar as actuacións que se vaian a desenvolver no territorio, no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Prevese que o proceso de elaboración da estratexia se peche o día 4 de novembro coa realización dun Foro Final en Celeiro.

A participación nestes espazos é aberta, dirixíndose principalmente ás entidades do sector pesqueiro, institucións locais, organizacións e entidades sociais de carácter público e privado, así como á cidadanía en xeral.