O GAC ABRESE A PARTICIPACION DON VECIÑOS DE TODA A COMARCA

22
Out
0
com
Fecha: 
22/10/2015 - 11:58

O obxetivo é apostar por convertir Galicia nun territorio
costeiro sostible

Non cabe dúbida que
a crise o cambiou todo. Tamén a democracia,que comeza a dar os seus primeiros
pasos cara a democracia participativa e deixa atrás a parlamentaria. Nese
cambio, quixo incidir o Grupos de Acción Costeira (GAC), que abrirá as súas
portas
a todas as propostas que lle
cheguen desde os veciños da comarca barbancesa.

A institución, que
agrupa aos representantes da confraría,concellos e organizacións dos municipios
de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do
Son, recibirá unha nova partida orzamentaria pro parte do Fondo Europeo Marítimo
e da Pesca. A asociación está a traballar nos proxectos que levarán a cabo co
diñeiro, están abertos a que calquera individuo achegue o seu gran de area.

Así llo pediu a
propia Unión Europea, que quere facer fincapé en que o proceso teña carácter
participativo. Para iso, abriron varias canles a través das cales se poden
facer chegar as propostas. O primeiro sería a páxina web
www.costasostible.com, onde se irá
actualizando a información segundo reciban ideas. Tamén se poderá utilizar a
páxina de Facebook do Gac, titulada Gac Seo de Fisterra Ría de Muros Noia. Para
rematar estará dispoñible o correo electrónico
info@costasostible.com e o teléfono de
contacto 981 822 754.

Territorio sostible

O obxetivo do GAC é
apostar por converter Galicia nun territorio costeiro sostible. Dentro desta
idea, aceptan calquera proposta que busque potenciar a zona e os sectores
pesqueiros.