O Gac Costa da Morte celebra a primeira xornada para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo en Buño

16
Nov
0
com
Fecha: 
16/11/2015 - 13:07 - 20/11/2015 - 13:07

Este xoves 19 de novembro, o Gac Costa da Morte realizará mesas sectoriais, nas que se vai tratar a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para o programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

Na xornada, aberta a todas entidades e persoas interesadas do territorio do Gac Costa da Morte, abordaranse temas como os retos a afrontar para o novo período de axudas, os obxectivos e prioridades da nosa zona.

Faranse tres mesas sectoriais que terán lugar no Centro Comarcal Bergantiños en Buño:

Ás 11 da mañá, terá lugar a reunión coas asociación e persoas do sector económico-empresarial e social.

Ás 12.30 da mañá, terá lugar a reunión co sector público.

Ás 4.30 da tarde, será a reunión coas confrarías, asociacións e persoas do sector do mar.

Todas as persoas interesadas poden confirmar asistencia chamando ao 981 70 73 78.