O Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa reúne á Comisión de Seguimento, para abordar o tramo final de traballos da EDLP

30
Out
0
com
Foto: 
descarga.jpg
Fecha: 
30/10/2015 - 11:17

O Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa reúne á Comisión de Seguimento, para abordar o tramo final de traballos de elaboración da EDLP.

• O traballo conxunto de entidades é unha prioridade para o próximo período de fondos.
• O día 19 de novembro pecharase o proceso de participación para a elaboración da estratexia, coa celebración do Foro Final en Vilagarcía.

As Comisións Técnica e de Seguimento para a elaboración da estratexia local do FEMP no próximo período de fondos, reuníronse onte en Vilagarcía, para abordar os últimos pasos na elaboración da estratexia. Rexistrouse unha alta participación de confrarías, asociacións do sector pesqueiro, concellos e asociacións empresariais e entidades da zona.
Nestas reunións abordouse a revisión do plan de acción da estratexia, os criterios para a priorización de iniciativas a desenvolver no territorio, e a proposta orzamentaria que vertebrará o funcionamento do grupo e o programa de axudas para o próximo período. Realizáronse achegas importantes, destacando o interese común de todas as entidades participantes, por promover iniciativas conxuntas que reforcen a cohesión e a gobernanza do propio grupo e do sector pesqueiro. Priorizáronse os investimentos nos obxectivos vinculados co desenvolvemento do sector pesqueiro, o reforzo da actividade produtiva, e a diversificación do sector cara outras actividades como a turística.
O próximo día 12 de novembro ás 17 horas no recinto feiral de Fexdega en Vilagarcía de Arousa, terá lugar o Foro Final, no que se presentarán as principais conclusións do proceso de participación, que servirán para elaborar o documento final da EDLP desta zona costeira.