Alta participación na xornada celebrada polo GALP Ría de Arousa en Rianxo para dar a coñecer a súa Estratexia

12
Maio
0
com
Foto: 
IMG-20160511-WA0011_web.jpg
Fecha: 
12/05/2016 - 07:28

Este mércores 11 de maio celebrouse no Auditorio do Centro Sociocultural de Rianxo unha nova xornada para dar a coñecer a Estratexia do GALP Ría de Arousa para o novo período de axudas.

O acto foi presentado polo alcalde do Concello de Rianxo, Adolfo Muíños; e pechado pola Secretaria do GALP, María Dolores Gómez.

A Xerente do GALP, Rosa Carballo Martínez, realizou unha detallada exposición da estratexia deste grupo para o novo período do FEMP 2014-2020. A sesión contou cun elevado número de representantes das distintas entidades do territorio do sector social, económico, pesqueiro e acuícola; que mostraron grande interese por coñecer os requisitos para participar nestas axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar, e dotadas dun orzamento de máis de seis millóns e medio de euros.

As axudas están destinadas a dous tipos de proxectos:
Produtivos: As actividades que supoñan a realización dunha actividade económica, tendentes a produción de bens ou servizos e que supoñan unha creación e/ ou mantemento de emprego.
Non Produtivos: Os que supoñan o inicio dunha actividade e /ou non esten afectos a unha actividade económica.Proxectos de interese público.

Para poder ser beneficiario das axudas débense cumprir os seguintes requisitos:
-Estar empadroados ou ter o seu domicilio social e fiscal en algún concello do ámbito territorial do GALP Ría de Arousa.
-Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.

Todos os proxectos deberan poder incluírse nalgunha das liñas estratéxicas do GALP para ser selecionados. A Estratexia Do GALP Ría de Arousa está comprendida en 6 grandes obxectivos:
1.-Mellora da Competitividade do sector pesqueiro de forma sostible.
2.-Novas oportunidades a partir da Diversificación Económica: Turismo Mariñeiro etc
3.-Aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas costeiras.
4.-Fomento do benestar social e do patrimonio cultural.
5.-Acadar maior implicación do sector pesqueiro no desenvolvemento sostible das zonas costeiras.
6.-Fomento da Cooperación.

Estes grandes obxectivos teñen como finalidade acadar un desenvolvemento xeneralizado da zona mediante a xeneración de emprego e o apoio a aqueles proxectos innovadores que aporten riqueza no territorio. Tamén pretendese atraer a mocidade para que encontre no territorio expectativas reais de futuro e darlle un maior protagonismo as mulleres, e en particular as mulleres do mar.

Finalmente o acto rematou cunha degustación de produtos do mar a cargo do restaurante O' Taberneiro de Rianxo.