O GALP 5 presenta en Catoira as claves da estratexia para o novo período de axudas

18
Maio
0
com
Foto: 
IMG-20160518-WA0010 web.jpg
Fecha: 
18/05/2016 - 21:31

O día 18 de maio de 2016 tivo lugar no salón de plenos do Concello de Catoira unha nova xornada de dinamización da estratexia, dentro do ciclo de encontros que está organizando o GALP Ría de Arousa para trasladar as claves da solicitude de axudas do próximo período. Á xuntanza acudiron representantes das distintas entidades do territorio relacionadas co sector social, económico, pesqueiro e acuícola.

O acto, apoiado polo Concello de Catoira, estivo conducido polo Presidente do GALP e Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ribeira, D. Jose Antonio Pérez Sieira. A Xerente do GALP, Dna. Rosa Carballo Martínez, realizou unha detallada exposición da estratexia deste grupo para o novo período do FEMP 2014-2020. Acto seguido tivo lugar un coloquio altamente participativo onde se resolveron as dúbidas dos asistentes.

Finalmente o acto rematou cunha degustación de produtos do mar a cargo da empresa Benboa, S.L., que foi beneficiaria dun proxecto deste grupo de anterior período. "