O GALP 5 remata no Grove o ciclo de xornadas para dar a coñecer ao sector a estratexia do novo período de axudas

31
Maio
0
com
Foto: 
IMG-20160531-WA0015 web.jpg
Fecha: 
01/06/2016 - 00:19

O 31 de maio de 2016 tivo lugar na Casa do Concello de O Grove a última das Xornadas de Dinamización da Estratexia que organizou o GALP Ría de Arousa para trasladar ao sector as principais claves de cara a solicitude de axudas do próximo período. Á xuntanza acudiron representantes das distintas entidades do territorio relacionadas co sector social, económico, pesqueiro e acuícola.

Presentou o acto o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, no que participaron tamén o Tesoureiro do GALP, José Besada, e a Xerente, Rosa Carballo Martínez, que realizou unha detallada exposición da estratexia deste grupo para o novo período do FEMP 2014-2020. Acto seguido tivo lugar un coloquio altamente participativo onde se resolveron as dúbidas dos asistentes.

Finalmente o acto rematou cunha degustación de produtos do mar a cargo do restaurante PAN DE MILLO d’O Grove.