Descrición da iniciativa

Un proceso de desenvolvemento sostible...

Preténdese nas zonas costeiras alcanzar todo o seu potencial a través dun proceso de desenvolvemento sostible, mediante a explotación óptima de todas as súas fortalezas, xa que se constitúen como zonas con alto potencial económico, ecolóxico e turístico, de forma que reúnen moitas máis potencialidades que outras zonas do territorio.

Esta iniciativa está desenvolvida pola Consellería de Pesca como ente xestor en Galicia dos fondos europeos de pesca.

Para levar a cabo as estratexias sinaladas anteriormente, deben adaptarse á contorna pesqueira as figuras centrais na xestión dos procesos de desenvolvemento local, dando lugar a grupos locais ou grupos de acción costeira. O seu fundamento principal é servir de instrumento de dinamización e xestión de todos os procesos de desenvolvemento integral das zonas pesqueiras en declive. Á vez, proponsea creación de liñas de asistencia técnica e a creación de liñas de apoio financeiro a estes grupos.