¿Qué son os GAC e quen o integra?

¿Quén forma Grupos de Acción Costeira?

Un GAC é un grupo de entidades sen ánimo de lucro de carácter supramunicipal de cooperación e compromiso. Está formado por distintos axentes tanto públicos como privados da zona, con especial protagonismo dos pertencentes e relacionados co mundo pesqueiro.

As labores dos GAC

Os GAC teñen que liderar as accións, fomentando a participación activa das organizacións representativas dos diversos sectores. Participación que é a clave do éxito destas accións, xa que garanten o acerto das decisións que se adopten, por canto se coñecerán con detalle cales son as necesidades concretas en cada área. As accións permitirán ademais do desenvolvemento local e o fortalecemento da capacidade organizativa do sector pesqueiro, a estimulación da innovación e unha diversificación para os profesionais do mar, buscando a continuidade e estabilidade sostible, isto é, máis aló da existencia dos fondos.

A grandes liñas, o seu labor será:

Integrar todos os colectivos posibles dos sectores pesqueiro, social, económico e público.
Dinamizar e desenvolver as accións previstas para cada zona, dende unha perspectiva zonal de desenvolvemento socioeconómico
Elaborar un Plan Estratéxico Zonal (PEZ)

Novas accións

Para fomentar os GAC establécense distintas medidas subvencionables, incluída a contribución ao financiamento dos custos de explotación e funcionamento (gastos de xestión) dos grupos e a creación de capacidades colectivas para preparar estratexias de desenvolvemento local.

O valor engadido deste novo Eixe 4 reside na forma en que se poñen en práctica as accións que promove, tanto en e por medio das comunidades pesqueiras coma en e por medio dos Grupos de Acción Costeira, é dicir, está baseado nun enfoque local integrado nunha estratexia territorial, polo tanto, adaptado ao contorno. Unha estratexia terra-mar, na que os GAC serán os protagonistas desta estratexia de desenvolvemento local ascendente.

A Asociación

Os GAC, como asociación que son, fomentarán a máxima participación no seu seo de cantas asociacións sectoriais existan no seu ámbito territorial, non permitindo en ningún caso a participación de persoas físicas ou xurídicas individuais con ánimo de lucro.

A asociación que aspire a obter o recoñecemento de GAC, deberá estar constituída por entidades representativas dos seguintes sectores:

Sector Pesqueiro: Integrarano as asociacións e entidades de interese colectivo pesqueiro, marisqueiro e acuícola con persoalidade xurídica propia.

    Sector Económico: Integrado polas asociacións de empresarios, de axentes económicos e organizacións sindicais.

Sector Social:
Integrarán este sector as asociacións socilticulturais, deportivas, ecoloxistas, recreativas e educativas, as asociacións de mulleres e outras similares.

Sector Público: Integrado polas administracións públicas de ámbito local e entidades do sector público vinculadas ou dependentes destas.

    Ademáis e como consecuencia do regulamento do FEP, o sector pesqueiro terá unha clara posición predominante na Xunta Directiva do GAC representando polo menos o 50% dos votos.

    ENTIDADES

    O GAC é unh asociación e non pode excluír a integración de ningunha entidade. Está formado polos sectores pesqueiro, social, económico e público. O Sector pesqueiro é o líder do GAC

    NUMERO DE GAC

    Ver o mapa cos Grupos de Acción Costeira