Convocatorias e prazos

Presentación de proxectos

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto durante todo o período de duración das axudas, ata 2013, sen prexuízo de que para garantir a concorrencia competitiva que esixe a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os proxectos terán que ser valorados en conxunto nunha data concreta. Por este motivo, cómpre establecer unhas datas, que constitúen os límites para analizar os proxectos presentados ata esemomento, chamadas convocatorias. Os proxectos presentados con posterioridade pasarán a formar parte da seguinte convocatoria.

Convocatorias

Ao longo de cada ano haberá dúas datas para valorar os proxectos presentados ata ese momento, que serán:

- En primeira convocatoria: ata o 31 de maio, para os proxectos presentados ata o 31 de marzo, salvo no ano 2009 que será o 9 de outubro.

- En segunda convocatoria: ata o 31 de outubro, para os proxectos presentados ata o 30 de setembro. Esta última só se producirá no caso de existir remanente orzamentario na convocatoria. No ano 2013 non existirá esta convocatoria, xa que as actuacións deben estar rematas antes do 31 de decembro de 2013.

A continuación preséntase un gráfico das datas límite para a valoración de proxectos en cada convocatoria:

ANO

1ª CONVOCATORIA

2ª CONVOCATORIA

2009

Ata o 9 de outubro

-------

2010-2011-2012-2013

Ata o 31 de marzo

Ata o 30 setembro

As solicitudes de axuda que non obteñan unha valoración merecedora de obter algún grao de subvención nunha convocatoria, poderán ser tomadas en consideración no período seguinte, sempre que o solicitante faga unha manifestación expresa neste sentido. En ningún caso isto suporá unha preferencia como criterio de selección.