ANUNCIO PARA PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS DE FORMACIÓN EN ATENCIÓN O PÚBLICO E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES TURÍSTICAS

16
Xun
0
com

O presente anuncio ten como obxecto, a solicitude de propostas de formación das mariscadoras que lles permitan desenvolver visitas guiadas e atender os turistas, ao abeiro do eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca, no ámbito territorial do Grupo de Acción Costeira, nº 3 “Costa da Morte”.

 

As propostas presentadas deberan detallar contidos, nº de horas de formación (mínimo 20 horas), material formativo, coñecemento do territorio e dos seus recursos turísticos, experiencia demostrable, prazo de execución (máx finais de xullo) e proposta económica.

 

A información referente o territorio e o Plan Estratéxico Zonal pódese atopar nas oficinas do GAC e na web www.accioncosteira.es

 

O presuposto máximo para desenvolver as propostas presentadas é de 2.000,00 € (ive incluído).

 

As propostas e ofertas económicas pódense presentar ata o día 27 de xuño de 2011, no seguinte enderezo:

Grupo de Acción Costeira “Costa da Morte”

A Camposa, s/n. Buño.

15.111 Malpica de Bergantiños

Teléfono: 981 707 378

 

Fecha: 
16/06/2011 - 14:28