Novas

  • O Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" os invita asistir a Xornada
  • Seis confrarías da Costa da Morte e Muros-Noia iniciarán en Nadal a venda de cefalópodo por internet e móbiles. Queren captar máis compradores.

  • Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres; o Grupo de acción costeira Ría de Vigo - A Guarda (en adiante GAC 7) convoca un concurso de fotografía que ten como obxecto a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
  • O patrón maior de Muros, Daniel Formoso, é o novo presidente do GAC4 Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Foi elixido conxuntamente cos restante membros da directiva, nunha reunión celebrada o pasado venres. Ao non presentarse ningún candidato, e dado que o máximo responsable debe ser o dirixente dun pósito, a mesa do sector pesqueiro, integrada por todas as confrarías, a asociación de Mexilloeiros Muros-Esteiro e a entidade de redeiras de O Son, propuxo a Daniel Formoso. A candidatura foi aceptada pola asemblea, que ten a última palabra.

  • O Concello de Oleiros dentro do proxecto Actividades de Fomento de
  • O pasado día 3 de Outubro de 2013 tivo lugar no Auditorio de Rianxo unha roda de prensa con motivo da clausura do proxeto Ecomar onde procedemos á entrega de diplomas ó sector pesqueiro participante. Asistiron o patrón maios da Cofradía de Rianxo, a representante da empresa coordinadora do proxeto, a Xerente do Gac e a xente do sector pesqueiro.

  • ·         Teñen o apoio do GAC4 para unha plataforma de comercialización “online”

  • A directiva do Grupo de Acción Costeira 4 Seo de Fisterra e Ría de Muros-Noia (GAC4) aprobou os penúltimos proxectos do plan estratéxico zonal, que se desenvolve con cargo a fondos europeos e autonómicos. Trátase de cinco iniciativas de carácter produtivo que implican unha inversión de 895.412 euros e a creación de seis postos de traballo, así como a consolidación dos xa existentes na cooperativa carnotán O Canto da Balea. Tamén se lle deu luz verde a unha proposta impulsada pola confraría de Noia para garantir a trazabilidade do berberecho na etiquetaxe. Neste caso o orzamento ascende a 73.166 euros.

  • Arrincar un proxecto conxunto das confrarías de pescadores é farto complicado. A historia o demostra. Por unha ou por outras, cada entidade soe tirar para a súa banda e as iniciativas comúns rematan indo ao traste, aínda que se trate de simples cuestión como compartir vixilancia. Por iso ten moito mérito o que conseguiu o GAC4, que puxo de acordo a nada menos que seis confrarías para articular unha central de vendas. Trátase dunha antiga aspiración tanto de baixura coma do marisqueo en toda Galicia que, por fin, parece que vai materializarse. Centrarase nunha especie: o polbo.

  • A plataforma para que as confrarías de Muros-Noia e Costa da Morte comercialicen o polbo de forma conxunta vai cobrando forma e ten unha folla de ruta que culminará no mes de outubro, cando empece a funcionar. Durante estes meses, a iniciativa impulsada polo Grupo de Acción Costeira 4 foi madurando e tomáronse novas decisións. Unha delas é que os cefalópodos venderanse ante potenciais clientes cunha imaxe de marca propia.