
O pasado mércores 10 de febreiro de 2010, organizouse pola Consellería do Mar unha xornada de traballo en torno aos obxectivos do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca.
Nesta xornada, a unidade de apoio a FARNET (Fisheries Area Network), que é o acrónimo da Rede Europea de Zonas de Pesca, realizou unha presentación sobre o estado do grao de execución do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca (FEP) en cada un dos países da Unión Europea que estan a desenvolver este eixe. Neste senso, Paul Soto e Monica Brunch, membros da unidade de apoio a FARNET, realizaron unha presentación dos obxectivos acadados e o que queda por facer, que está dispoñible para a súa descarga no enlace que figura abaixo.
A esta xornada acudiron os xerentes dos Grupos de Acción Costeira, os axentes de extensión pesqueira, así como a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o Subdirector Xeral de Desenvolvemento, o Xefe de Servizo dos GAC e diverso persoal técnico da Consellería do Mar e doutras Consellerías como a de Turismo.
| Adjunto | (clic para descargar) |
|---|---|
| presentation FARNET galiciaV3.ppt |